Seccion | Parlamento

O GOBERNO NON ASUME NINGÚN COMPROMISO PARA A VIABILIDADE DA FACTORÍA NAVAL DE MARÍN COMO RECLAMABA O BNG

Escrito o 15 de Febreiro de 2012

O deputado do BNG, Bieito Lobeira reclamou un plan urxente para reflotar a empresa e a paralización do ERE extintivo

Santiago de Compostela, 15 de febreiro , 2012. O deputado do BNG, Bieito Lobeira formulou hoxe unha pregunta parlamentaria, en sesión plenaria, sobre as medidas adoptadas pola Consellería de Economía e Industria para defender a actividade produtiva na Factoría Naval de Marín.
O nacionalista considerou que o proceder do conselleiro de Economía e Industria como “unha máquina expendedora de cartos públicos en defensa do empresario” representa unha “irresponsabilidade” para garantir o futuro da factoría.
Neste sentido, afirmou que a actividade produtiva pódese reflotar ao igual que os postos de traballo polo que pediu que a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, presente na Cámara galega, “rexeitara a presentación do ERE extintivo”.
Tras a resposta do conselleiro de Economía e Industria, que anunciou o apoio do Goberno galego á Factoría Naval de Marín pero sen asumir ningún compromiso ao fin de solucionar a grave situación dos seus traballadores, Lobeira reprobou esta postura e reiterou a súa reclamación de medidas concretas entre as que nomeou : “un plano de viabilidade e a inmediata paralización do ERE”.
Na súa intervención, o parlamentario nacionalista deu a benvida a unha representación de traballadores da Factoría Naval de Marín acompañada por membros do comité de empresa así como a responsable comarcal do BNG cos que mantivo unha xuntanza tralo debate parlamentario e na que reiterou o seu apoio aos traballadores afectados.
Lobeira asegurou que esta empresa ten futuro pero para iso, afirmou, é necesario parar un ERE que provocará a perda de 35 postos de traballo, “queremos compromisos concretos” reclamou o nacionalista e no caso de materializarse o plan de viabilidade, engadiu, “os traballadores deben ser consultados naquelas cuestións que serán relevantes para a empresa”.
O nacionalista lamentou que o titular e dono da empresa recibira 22 millóns de euros destinados a garantir a viabilidade e postos de traballo da factoría e tras non cumprir o seu compromiso, “non sexan esixidas responsabilidades”, -espetou-.

Procurar

Contacto

Podes contactar co BNG Marín a través do seguinte enderezo: marin -arroba- bng-galiza.org

En Facebook

Webs BNG (O Morrazo)

Aviso legal

O BNG de Marín non se fai responsábel dos comentarios verquidos por persoas alleas.