Tag Archive | "Parlamento"

Tags:

Os veciños do Castro (Seixo) agradecen a restauración do lavadoiro de Lodeiro

Posted on 08 Agosto 2009 by admin

Os veciños de Castro pertencentes a Asociación Veciñal Serraseca, celebraron o venres pasado a restauración do lavadoiro de Ludeiro situado neste lugar da parroquia de Seixo.

Á celebración acudiron os concelleiros nacionalistas Pilar Blanco e Xosé María Vilaboa, concelleiros de Medio Ambiente e Obras respectivamente, invitados polo presidente da asociación, Manuel Cadilla.

A recuperación do lavadoiro de Ludeiro no lugar de Castro, encadrase dentro do proxecto de Conservación do Patrimonio Municipal de Lavadoiros que con un orzamento de 232.000 € estase a executar con cargo ao Fondo de Inversión Local.

Este lavadoiro encadrase nun entorno agreste ao hai que acceder a través dunha corredoira, antes rodeada de viñedos hoxe abandonados, polo que a maleza invade os camiños. Dende a Concellaría de Medio Ambiente levouse a cabo nos últimos días a roza dos accesos ao lavadoiro para que todo estivese preparado no día de onte, data escollida polos veciños para celebrar a restauración.

Segundo indicou a concelleira nacionalista, o lavadoiro de Ludeiro atopábase nun estado de semiabandono, e de non ter actuado a maleza e o deterioro da estrutura de madeira acabarían por provocar a ruína deste elemento. A restauración consistiu na sustitición da estrutura de madeira por outra de pino roxo apoiada en pilastras de granito, instalación de cuberta a caro augas con tella curva e instalación de soleira de pedra e banco de granito, de xeito que o lugar convertese en punto de encontro para os veciños. Toda a obra foi realizada por albaneis e carpinteiros de Marín.

Os veciños amosaron a súa satisfacción polo resultado e agradeceron á concelleira o seu interese en levar a cabo esta restauración que viñan demandando dende hai moitos anos.

Comentarios desactivados

Procurar

Contacto

Podes contactar co BNG Marín a través do seguinte enderezo: marin -arroba- bng-galiza.org

En Facebook

Webs BNG (O Morrazo)

Aviso legal

O BNG de Marín non se fai responsábel dos comentarios verquidos por persoas alleas.