Seccion | Concello

Resposta PP camiño Real e seguridade viaria PO-551

Escrito o 21 de Agosto de 2010

Ante as recentes declaracións da portavoz do PP en Marín, relativas a falta de limpeza do Camiño Real en Bagüín e a seguridade viaria da PO- 551 queremos sinalar o seguinte:

1- O tramo que existe hoxe en día do camiño Real ao seu paso pola parroquia de Mogor levaba anos abandonado, de xeito que era imposible transitar por el. Hai agora aproximadamente medio ano, a Brigada de Limpeza Municipal, acometeu a limpeza deste camiño onde houbo que retirar incluso árbores que medraban igual que nun monte. Dende entón os veciños puideron recuperar esta senda para achegarse ao centro da parroquia e a praia de Mogor. Incluso moitas usuarios de bici de montaña empezaron a usalo.
Durante esta semana pasada, en concreto dende o martes 17, a brigada volveu rozar o camiño nun labor que agora xa é so de mantemento. De xeito que o venres xa estaba todo limpo e recollido. É evidente que os do PP non se enteran, e falan de oidas. De feito o que a señora Ramallo denomina “antigua senda para peatones”, é en realidade a antiga vía de comunicación principal entre as vilas de Marín e Bueu, a cal xa só se pode transitar en parte hoxe en día.
2.- Pero o máis grave é que a portavoz do PP, se atreva a demandar a limpeza deste camiño como “alternativa a los viandantes de la PO-551”. Hai que recordarlle a esta señora e ao seu partido, que no mes de outubro de 2009 o Equipo de Goberno de Marín presentou unha moción ao Pleno na que se solicitaba que a Xunta de Galiza que continuase coa elaboración do proxecto xa adxudicado polo Goberno Bipartito na lexislatura anterior que antes da aprobación do proxecto, por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, se lles dese audiencia a Concello e veciños, a fin de coñecelo e consensualo entre todos e finalmente solicitar tamén que a Xunta que dentro dos orzamentos para ano 2010 figurase a partida necesaria para financiar o proxecto. De todo isto que foi aprobado co voto a favor da señora Ramallo, non temos noticias e por suposto os orzamentos da Xunta non comtemplan ningunha partida para esta obra.
3.- Tamén hai que recordarlle á señora portavoz do PP, que nunca levou a cabo ningunha iniciativa para reclamar a seguridade na recta de Bagüín, que o Concello paralizou, en marzo pasado, a instalación dos postes de tendido eléctrico, que Fenosa, co consentimento da Xunta, pretendía instalar no borde da estrada, que o que é realmente urxente é levar a cabo o proxecto de seguridade vial, responsabilidade directa da Consellería de Medio Ambiente neste momento en mans do PP. Polo tanto do que se ten que ocupar o PP é de facer que Fenosa cumpra coa lei e de que a Xunta execute as obras de seguridade viaria nesta estrada.

A Alcaldesa Accidental,

Pilar Blanco López

21 de agosto de 2010

Procurar

Contacto

Podes contactar co BNG Marín a través do seguinte enderezo: marin -arroba- bng-galiza.org

En Facebook

Webs BNG (O Morrazo)

Aviso legal

O BNG de Marín non se fai responsábel dos comentarios verquidos por persoas alleas.