Respecto das declaracións do PP aparecidas nos medios de comunicación o martes día 24 relativas á ausencia de representantes do Goberno Municipal, e en concreto da Alcaldesa Accidental e dos membros do Grupo Municipal do BNG, queremos indicar o seguinte:
1. A condición imprescindible para que un cargo político se sinta na obriga de asistir a un acto público, non organizado polo Concello, é ser invitado.
2. Nin nin ningún membro do Grupo Municipal do BNG, nin a Alcaldesa Accidental, Pilar Blanco, foi invitado a asistir ao Trofeo “Villa de Marín”. Si sabemos que foron invitados os membros dos grupos do PSOE e PP.
3. O Trofeo “Villa de Marín” non está organizado polo Concello, se non polo Marín C.F., por certo a petición do propio club no seu momento. Polo tanto debe ser este organismo quen curse as oportunas invitacións, ven de xeito oral ou por escrito. Por certo, que esta Alcaldesa Accidental estivo dúas veces non campo de fútbol de San Pedro a semana pasada, para interesarse polo funcionamento do mesmo, e aínda que o presidente do Marín C. F. estaba tamén alí non se dirixiu en ningún momento a min para invitarme.
4. A portavoz do PP, e o seu grupo, deberían preguntar primeiro e logo criticar, xa que aluden a unha invitación que non se cursou e dan por suposto que non temos outras obrigas. O que si está claro é que as da señora Ramallo limítanse a aparecer en canto acto social se celebre, buscando sempre saír na foto, mentres se esquece de todo o que prometeu para Marín se o seu partido gañaba as eleccións á Xunta de Galiza ( centro de saúde, soterramento da Avenida de Ourense, seguridade viaria en Mogor e na PO-313, polígono industrial, auditorio,…). Por certo que cando non é invitada á algún acto pon o grito no ceo, mentres os cargos políticos do PP na Xunta se adican a pasear por Marín cando lles apetece sen nin sequera poñelo en coñecemento do Concello, non vaia a ser que lles recordemos as súas promesas imcumpridas.
5. En canto a falta de auga nos vestiarios o día do trofeo, a señora Ramallo volve a disparar sen informarse antes. Os problemas de auga nos vestiarios do Marín non son un problema ligado ao grupo de presión instalado no campo para o rego, se non que están provocados pola falta de presión que se produce na época estival non só non campo de fútbol se non en toda a zona de San Pedro. Para que o campo poida ter presión instalouse un tanque e un grupo de presión para asegurar a auga quente. As obras pendentes de finalizar, de abastecemento cun grupo de presión ao Depósito da Costa directamente do colector que se abastece da auga que ven Pontevedra, dará solución non só aos vestiarios do Marín se non a todo o entorno. Mentres dende a Concelleira de Deportes xa estamos estudando outra solución, a un problema que non é de agora.
6. O Campo de Fútbol de San Pedro é unha instalación municipal e o mantemento da instalación depende do Concello. Está instalación está a ser utilizada por outros equipos que a utilizan en igualdade de condicións.
7. A persoa encarga do Campo de Fútbol de San Pedro, é un funcionario municipal contratado a través dunha convocatoria pública publicada no Boletín Oficial da Provincia o día 4 de maio de 2010, e que substitúe a outro funcionario de plantilla que está de baixa dende o 7 de novembro de 2009. O seu salario é igual ao da persoa a quen substitúe descontando os trienios de antiguedade. Polo tando é falso que fose contratado por Manuel Ruibal tal e como se asegura no Faro de Vigo.
A Alcaldesa Accidental,
Pilar Blanco López



