Pilar Blanco afirma que a Alcaldesa infrinxe as mínimas normas de respecto polos demais grupos municipais
A portavoz do BNG, Pilar Blanco, informa de que o venres 17 de febreiro, día no que se celebrou un concerto dos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música, recibiu unha mensaxe da Alcaldía, no seu teléfono móbil informándolle da celebración do concerto, dúas horas antes de que comezase o mesmo.
“Tanto a min coma aos meus compañeiros de grupo municipal se nos comunicou a celebración do concerto que ía ter lugar con motivo do novo emprazamento da Escola de Música, na Finca de Briz, con apenas dúas horas de antelación”, asegura a portavoz do BNG.
Posteriormente comprobamos que tamén se enviara un correo electrónico dende a Alcaldía, convidándonos ao pregón do Entroido, e no mesmo, a xeito de nota, lembrábase a celebración do concerto. Este e-mail tamén foi remitido o mesmo día 15 con só unhas horas de antelación.
“ A día de hoxe, e a pesares de ter solicitado que se desculpase a miña ausencia, aínda non recibimos ningunha explicación do Concello”, afirma a portavoz do BNG.
A portavoz do BNG ven de dirixir unha carta á directora da Escola Municipal de Música explicando os motivos da ausencia do seu grupo municipal no concerto do venres, na que detallan as circunstancias en que se cursou a invitación.
Marín, 20 de febreiro de 2012
CARTA ENVIADA: Carta_Escola_de_Música[1]



