Seccion | Concello

O BNG impulsa as alegacións sobre as directrices de Ordanación do Territorio en Marín

Escrito o 18 de Agosto de 2010

O BNG, através do seu concelleiro de Urbanismo Xosé Mª Vilaboa, impulsa as alegacións sobre as directrices de Ordanación do Territorio en Marín e que foron aprobadas polo Consistorio Municipal pola unanimidade dos partidos políticos con representación. Nelas incluíronse a defensa do Porto de Marín, a creación dun Parque Empresarial, a inclusión dos montes de Pastoriza na protección dos Montes do Morrazo e o ingreso da Illa de Tambo no Parque Natural das Illas Atlánticas

PROPOSTA DE ALEGACIÓNS en relación co expediente 580/08 RESPECTO DO DOCUMENTO DAS DIRECTRICES DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO, LOGO DA SÚA APROBACIÓN INCIAL POR ORDE DE 24/06/10 PUBLICADA NO DOG DE 30/06/10.

Actuacións vinculadas co porto (páx. 264-265, apartado 4.4):

Primeiro.- Que o tratamento do Porto de Marín sexa autónomo, non subordinado ó de Vigo, potenciandoo como motor económico da comarca do Morrazo e de Pontevedra.

Segundo.- Que se valore axeitadamente a incidencia cualititativa do porto no termo municipal de Marín non como secundario ó desenrrolo de Pontevedra.

Terceiro.- Que se recolla a creación dunha plataforma loxística vinculada ó porto . De xeito que, se consigua liberar do espazo porturio aquelas empresas desvinculadas do mesmo e se prevexa recolación das mesmas.

Cuarta.- Que se recolla a potencialidade do Porto de Marín para acoller actividades tanto de natureza deportiva como turística.

Quinto.- Que se recolla de xeito claro a exclusión da ampliación do Porto deportivo de Aguete.

Espacios para actividades innovadoras:

Intimamente vinculado co parágrafo anterior, que se recolla de xeito expreso, a creación dun parque empresarial (supramunicipal) que permita a ubicación das empresas que se trasladen do porto e aquelas outras vencelladas a actividades empresariais do termo municipal. (páx.257, apartado 3.2.1.)

Que se concrete o manifestado na páxina 100, onde dí, “..Estas grandes plataformas deben complementarsee con instalacións de menor escala con localizacións máis centrais no ámbito territorial da Rexión urbana como Mos ou o Morrazo”, de xeito que localicen no Morrazo tendo como base o porto de Marín, vinculado a él, dadas as súas necesidades, potenciando o seu valor estratéxico.

Sistemas verdes (páx. 2.7.7 apartado 7.2):

Alegación 1.- Que se redimensione e categorice os Montes do Morrazo, segundo se recollían nas Normas Provinciais de 1993, como espazos verdes protexidos.

Alegación 2.- Que se cree unha agrupación dos concellos limítrofes, diputación e xunta, para a conservación, mantemenento e uso da Illa de Tambo, como espacio natural a protexer cara a súa inclusión no Parque Natural das Illas Atlánticas.

Alegacións formais:

Por unha banda, que se engada unha disposición transitoria ( páx. 288, apartado 10.2.5) que recolla a situación dos concellos con planeamento xeral en tramitación, que acadarán a aprobación provisional, na que se recolla a transitoriedade e se limite a necesidade de adaptación ás DOT, especialmente, a título exemplo, a previsión de espazos destinados ó futuro Plan Eólico. (páx.266, apartado 4.6).

Que se trate dun xeito coherente, en igualdade de termos, as determinación das DOT e do Plan de Ordenación do Litoral, así, por exemplo, nos núcleos rurais de identidade do litoral non se recolle Montecelo, que sí aparece no POL. (páxina 249, apartado 1.4)

Que se cree un consorcio para a xestión da auga na área urbana.(páx-255. apartado 3.1.5 letra g) (páx.257, apartado 3.2.1 letra f) (páx.268, apartado 4.7).

Procurar

Contacto

Podes contactar co BNG Marín a través do seguinte enderezo: marin -arroba- bng-galiza.org

En Facebook

Webs BNG (O Morrazo)

Aviso legal

O BNG de Marín non se fai responsábel dos comentarios verquidos por persoas alleas.