Seccion | Concello

Clausurado o I Campamento Eco-Aventura

Escrito o 2 de Setembro de 2010

A CONCELLARÍA DE MEDIO AMBIENTE CLAUSURA O PRIMEIRO CAMPAMENTO ECO-AVENTURA

Marín, 2 setembro 2010.- O pasado martes, último día de agosto, a Concelleira Delegada de Medio Ambiente e Alcaldesa Accidental, Pilar Blanco, clausuro o campamento Eco-Aventura, que durante os meses de xullo e agosto tivo lugar na Casa de Cultura de Mogor organizado pola Concellaría de Medio Ambiente.
O campamento de carácter medio ambiental tivo como finalidade fomentar nos participantes o respecto pola natureza. Os nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, realizaron actividades de sendeirismo, visitaron o Parque Multi-aventura de Cadro, fixeron acampadas ao aire libre, aprenderon a coñecer as especies de árbores e como facer un herbario, gozaron dunha piscina instalada no xardín da Casa de Cultura de Mogor, fixeron excursións á praia e ao monte para coñecer os distintos ecosistemas e construíron o seu propio horto . A participación no campamento organizado por quincenas foi masiva, sobre todo no mes de agosto no que todos os nenos quixeron repetir.
Neste ultimo día de campamento tivo lugar unha Festa Fin de Campamento na que foron convidados todos os rapaces asistentes as diferentes etapas do campamento Eco-aventura.
Nesta festa na que primou a diversión dos rapaces, instaláronse uns colchóns hinchabes para que puidesen gozar do último día. Ademais realizáronse xogos e preparouse unha merendola. E os pais tamén foron invitados par que puidesen ver o desenrolo da festa e os xogos instalados.

Neste pequeno acto de clausura , a Concelleira Pilar Branco agradeceu a participación dos rapaces e a boa acollida que tivo o campamento, ademais de explicar que a idea fundamental destes campamentos é achegar os rapaces a natureza e poñelos en contacto co medio natural que nos rodea para que deste xeito comprendan a importancia do seu coidado e fomentar o respecto cara o medio ambiente en xeral. Na clausura Pilar Branco asegurou que dende a Concellaría de Medio Ambiente que dirixe, debido o éxito acadado este ano polo campamento Eco-aventura, non dubida en repetilo en vindeiras ocasións.
Os rapaces foron agasallados, por Pilar Branco,cun DVD que consta dunha montaxe fotográfica sobre todas as actividades realizadas o longo deste campamento durante os meses de xullo e agosto, deste xeito sempre terán un recordo dos bos momentos que pasaron e dos amigos que fixeron.

Procurar

Contacto

Podes contactar co BNG Marín a través do seguinte enderezo: marin -arroba- bng-galiza.org

En Facebook

Webs BNG (O Morrazo)

Aviso legal

O BNG de Marín non se fai responsábel dos comentarios verquidos por persoas alleas.