Seccion | Concello

A Concellaría que dirixe Pilar Branco remata o abastecemento de auga en Bagüin

Escrito o 2 de Setembro de 2010

A Concellaría de Medio Ambiente ven de completar a rede de abastecemento de auga potable do núcleo de Bagüín na parroquia de Mogor.
O proxecto, que ascendeu a 33.222,09 €, consistiu na instalación de 475 metros de tubería para conducir a auga potable ao núcleo de casas da parte alta de Bagüín e na dotación de bocas de rego en toda a súa lonxitude. Con anterioridade, a Concellaría de Medio Ambiente, xa acometera o abastecemento do Camiño Real e o abastecemento e saneamento doutra parte do lugar. Completase así as obras de dotación de dous servizos básicos neste lugar da parroquia de Mogor, esquecido por outros gobernos municipais. Só restan un grupo de 5 casas, as que só se lles pode servir pola marxe esquerda da estrada comarcal PO-551. A Concellaría de Medio Ambiente xa está a tramitar o permiso de Estradas da Xunta para posteriormente acometer as obras.
O núcleo de Bagüín abastecerase do depósito de Cadrelo, polo que foi preciso instalar unha válvula redutora , debido ao exceso de presión.
As obras están a piques de rematar, xa que so resta repoñer o pavimento dos camiños afectados. A reposición farase en toda a súa lonxitude e anchura.
Dende a Concellaría de Medio Ambiente esperamos que estas obras, demandadas dende hai moito tempo, satisfagan as necesidades dos veciños do lugar.

A Concelleira Delegada de Medio Ambiente e Alcaldesa Accidental,

Pilar Blanco

31 de Agosto de 2010

Procurar

Contacto

Podes contactar co BNG Marín a través do seguinte enderezo: marin -arroba- bng-galiza.org

En Facebook

Webs BNG (O Morrazo)

Aviso legal

O BNG de Marín non se fai responsábel dos comentarios verquidos por persoas alleas.