Seccion | Concello

A Concellaría de Deportes organiza o Campionato Galego de Volei Praia

Escrito o 28 de Agosto de 2010

ESTE FIN E SEMANA A PRAIA DE LOIRA ACOLLE A FINAL MASCULINA DO CAMPIONATO GALEGO DE VOLEI PRAIA
O SÁBADO CELÉBRASE A FINAL DO TROFEO DE FÚTBOL DE VETERANOS

A praia de Loira acollerá mañá a celebración do III Campionato de Volei Praia da Concellaría de Deportes do Concello de Marín. Neste campionato participarán os nenos e nenas que dende o martes 24 e ate o xoves 26 estiveron participando, na praia de Loira, nos xogos e adestramentos de iniciación ao volei praia impartidos por monitores – xogadores federados de volei praia do Club Volei Praia Vigo.
O campionato comezará as 11 da mañá na praia de Loira.

O domingo 29 terá lugar a Final do Campionato Galego de Volei-Praia na categoría masculina. Os partidos comezarán ás 10 da mañá e calculase que as semifinais se xogarán sobre as 17:00 e a final as 18:30. Na final estarán presentes as 12 mellores parellas de volei praia do ranking galego que loitarán polo título en Marín.

Por outra parte, o deporte será tamén protagonista en Marín por celebrarse a final do Trofeo de Fútbol de Veteranos organizado pola Concellaría de Deportes. O encontro disputárase no Estadio Municipal de San Pedro ás 19.00 horas entre o Sporting Marín e o Merendero.
Ao remate terá lugar a entrega de trofeos ao gañador, segundo clasificado e terceiro que resultou ser o Marín C. F. Ademais entregáranse os trofeos aos xogadores máis goleadores, aos porteiros menos goleados e o mellor xogador escollido entre todos os participantes.
Tras o encontro terá lugar un aperitivo na Casa de Cultura da CCMM de San Xulián.

Marín, 27 de agosto de 2010

Concellaría de Deportes

Procurar

Contacto

Podes contactar co BNG Marín a través do seguinte enderezo: marin -arroba- bng-galiza.org

En Facebook

Webs BNG (O Morrazo)

Aviso legal

O BNG de Marín non se fai responsábel dos comentarios verquidos por persoas alleas.