Seccion | Concello

A Concellaría de Deportes organiza o campionato Galego de Voile Praia Masculino

Escrito o 21 de Agosto de 2010

A PRAIA DE LOIRA ACOLLERÁ ESTE ANO A FINAL DO CAMPIONATO GALEGO DE VOLEI PRAIA EN CATEGORÍA MASCULINA

Durante os días 24, 25 e 26 de agosto terán lugar as xornadas de volei praia das escolas deportivas municipais de verán nas praias de Mogor e Loira, organizadas pola Concellaría de Deportes do Concello de Marín. Estas xornadas, que se celebran por terceiro ano consecutivo, van dirixidas tanto a nenos como a adultos. Os nenos e nenas entre 7 e 12 anos poderán participar en xogos e adestramentos de iniciación aos volei prais impartidos por monitores e xogadores federados do Club Volei Praia Vigo. Estes adestramentos terán lugar na praia de Loira en horario de 11:30 a 13.00 os días 24,25 e 26. Despois da experencia de anos anteriores esperase unha presenza de arredor de 50 nenos e nenas.
Os mesmos días, en horario de 16:00 a 19:00, na praia de Mogor terán lugar as xornadas de volei dirixidas a todas aquelas persoas que queiran participar. Para esta actividade instalárase unha pista de volei portátil.
Para pechar a actividade, a Concellaría de Deportes, celebrará o do III CAMPIONATO DE VOLEI PRAIA DA CONCELLARÍA DE DEPORTES DO CONCELLO DE MARÍN no areal de Loira o día 28 de agosto. Neste torneo xogarán os nenos participantes das escolas e recibirán agasallos. Tamén haberá competición para xogadores amateurs.
A novidade desta edición e que a praia de Loira acollerá a FINAL DO CAMPIONATO GALEGO DE VOLEI PRAIA EN CATEGORÍA MASCULINA o día 29 de Agosto. Na final estrán presentes as 12 mellores parellas de volei praia do ranking galego que loitarán polo título en Marín.
Lembramos que a praia de Loira acolleu tamén o pasado mes de xuño, e por segundo ano consecutivo, o campionato galego de salvamento acuático, organizado pola Federación Galega e a Concellaría de Medio Ambiente de Marín.

Procurar

Contacto

Podes contactar co BNG Marín a través do seguinte enderezo: marin -arroba- bng-galiza.org

En Facebook

Webs BNG (O Morrazo)

Aviso legal

O BNG de Marín non se fai responsábel dos comentarios verquidos por persoas alleas.