Arquivo | Parlamento

O BNG leva ao parlamento o apagón que se producíu o 24 de Xaneiro

Escrito o 06 Febreiro 2012

O BNG leva ao parlamento o apagón que se producíu o 24 de Xaneiro desde A Laxe até Mogor. O grupo Parlamentar preguntou polas causas e pediu medidas para que non se produzan estes feitos.

Pódese consultar a iniciativa premendo: Cortes de luz de Mogor á Laxe

O BNG denuncia no Parlamento Galego a situación da lingua dentro da institución municipal de Marín

Escrito o 27 Xaneiro 2012

O Concello de Marín nega e despreza o idioma propio do país nas súas actuacións burocráticas, este é o motivo polo que o BNG levou esta situación perante o Parlamento Galego.

Pode ollar a iniciativas premendo: Galego no Concello de Marín

O BNG leva ao parlamento varias iniciativas sobre Marín

Escrito o 05 Xaneiro 2012

O BNG levao ao parlamento varias iniciativas sobre Marín:

1. Proxecto da Rede de Sumidoiros de Pardavila-Fixón
2. Instalación de Pantallas ou Barreiras Acústicas no tramo da Variante de Marín.

Podes Consultalas premendo: Barreiras acústicas Variante de Marín Rede Saneamento Pardavila Fixón

O BNG pide responsabilidades e medidas urxente perante os cortes de luz en Mogor

Escrito o 23 Decembro 2011

Foto Diario de Pontevedra

O BNG pide responsabilidades sobre os cortes de luz en Mogor, que a Xunta de Galiza avalie o problema e nos preguntamos porque non comenzaron as obras de mellora do servizo. Só se pode explicar pola incompetencia do Partido Popular para solucionar os problemas dos veciños e veciñas de Mogor.
Iniciativa do BNG: Mogor Luz

O BNG solicita medidas para a protección dos barcos galegos nas Malvinas

Escrito o 23 Decembro 2011

O BNG solicita medidas para a protección dos barcos galegos nas Malvinas. Podes consultar a iniciativa que o deputado Bieito Lobeira presentou no Parlamento Galego premendo: Frota Malvinas

Presentada unha proposición de Lei sobre a renovación da frota en Mauritania

Escrito o 24 Novembro 2011

Proposición non de lei sobre renovación acordo pesqueiro UE-Mauritania, que afecta á frota arrastreira-cefalopodeira con porto base en Marín, e aproximadamente a uns 250 mariñeiros de Marín/resto do Morrazo.

Podes ollalo premendo: Mauritania

O BNG leva ao Parlamento os recortes no servizo de ambulancia en Marín

Escrito o 24 Novembro 2011

Bieito Lobeira solicitou que a Consellaría de Sanidade repoña o servizo

Hoxe a Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, compareceu no Parlamento a petición do BNG. O deputado nacionalista, Bieito Lobeira, interpelou á Conselleira para pedirlle explicacións sobre o recorte do servizo de ambulancia 061 en Marín.
Lobeira expuxo as deficiencias deste servizo básico de atención sanitaria, dende que o día 10 de setembro a Xunta de Galicia, decidise retirar a ambulancia con base en Marín durante máis de doce horas ao día. Facendo uso dos datos facilitados pola propia Consellaría, o deputado nacionalista, argumentou que dende o día 10 os tempos de resposta do servizo 061 superan en moito os 20 minutos, tempo límite defendido pola Consellaría.
O deputado nacionalista lembroulle a Pilar Farjas que a Consellaría de Sanidade ven de gastar máis de 100.000 € na súa última campaña publicitaria, mentres segue a recortar servizos básicos como o da ambulancia en Marín.
Hai que lembrar que a Consellaría de Sanidade ocultou os datos oficiais de tempo de resposta, que lle foron facilitados ao BNG despois de que Bieito Lobeira ameazase con pecharse no despacho de Pilar Farjas se esta se negaba a facelos públicos, cousa que finalmente non sucedeu.
Na comparecencia de hoxe, Pilar Farjas, non admitiu en ningún momento que o servizo fose deficitario, e mesmo chegou a argumentar que, tras a chamada eufemisticamente “reorganización do servizo”, este funcionaba mellor.
Durante a comparecencia da Conselleira estiveron presentes membros da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública en Marín, acompañados da portavoz do BNG en Marín, Pilar Blanco, e de Xavier Aboi, responsable da CIG e membro tamén da Plataforma. Bieito Lobeira, aproveitou o seu turno de intervención para solicitar de Pilar Farjas que se reunise cos membros presentes da Plataforma, para escoitar de primeira man as súas reivindicacións, pero a Conselleira negouse.
“A actitude da Conselleira foi a de negar a realidade, mesmo chegou a botarlle en cara ao noso deputado que utilizase os datos dos mortos habidos dende que non temos ambulancia en Marín, para defender que se repoña o servizo”, afirma Pilar Blanco.
“En ningún momento houbo unha actitude de recoñecer o erro cometido no recorte deste servizo en Marín. Durante a súa comparecencia a señora Farjas limitouse a ler de corrido un documento preparado a priori, sen ningún tipo de dato concreto e co fin de gastar o tempo distraendo do problema principal que, non é outro que Marín está sen ambulancia, que non se cumpren os tempos de resposta e que nunca saberemos se as mortes producidas dende que non temos ambulancia 12 horas ao día se poderían ter evitado”, asegura Pilar Blanco.
“Dende o BNG non nós rendemos e seguiremos denunciando os casos de falta de asistencia e reclamando que Marín volva a ter ambulancia 24 horas ao día tal e como lle pertence”, finaliza a portavoz do BNG.
Marín, 24 de novembro de 2011

Ambulancia en Marín no Parlamento

SANIDADE NON RECTIFICA E SUPRIME A QUENDA DE NOITE DA AMBULANCIA DE MARÍN

O deputado do BNG, Bieito Lobeira reclamou a restitución deste servizo por mor das demoras rexistradas nas ambulancias procedentes de Pontevedra e Bueu na atención de urxencias

Santiago de Compostela, 24 de novembro, 2011.Pleno. O deputado do BNG, Bieito Lobeira lamentou hoxe, trala resposta da titular de Sanidade sobre a permanencia da quenda de noite do servizo de ambulancia no concello de Marín, que Pilar Farjas non amose a súa disposición a rectificar e mesmo defenda que o servizo mellora con esta decisión.
Lobeira, tras saudar a unha representación da Plataforma en defensa da Sanidade pública en Marín que seguía o debate parlamentario na Cámara galega e entre os que se atopaba Xabier Aboi, denunciado pola Consellería de Sanidade por denunciar a degradación deste servizo, cualificou de “irresponsábel” a decisión de Pilar Farjas de eliminar a quenda de noite da ambulancia.
O nacionalista indicou que os tempos de resposta, ante as emerxencias producidas en horario nocturno , sitúanse nos 27 minutos e non quixo entrar a valorar se este retraso provocou a morte de cinco persoas pero considerou que “sempre quedará a dúbida” sobre esta incidencia.
Para o deputado do BNG, nin a conselleira nin o Partido popular teñen dereito a “xogar coa vida e saúde da xente de Marín” e cualificou a decisión de eliminar a quenda de noite da ambulancia de “cruel e inhumana” e non se sostén nin sequera economicamente porque, asegurou, “100.000 euros “nin se aproximan a metade do que custou a última campaña de publicidade e propaganda da Consellería de Sanidade.
Lobeira lembrou que o concello de Marín está gobernado polo Partido popular quen solicitou no pleno municipal a “dimisión” da conselleira por eliminar este servizo con base en Marín e afirmou que a escusa da reestruturación non convence a ninguén, “non pode chegar antes unha ambulancia dende Pontevedra, Bueu ou Pontecaldelas”, dixo.

Carta do deputado Bieito Lobeira á Conselleira Pilar Farjas

Escrito o 27 Outubro 2011

Foto tirada da Voz de Galicia

O Deputado do BNG enviou unha carta á Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, sobre a problemática da ambulancia de Marín e a política obstrucionista da Xunta de Galiza e do Partido Popular coa clara intención de devaluar e anular a lexítima capacidade de control e fiscalización sobre a acción gubernamental.

Podes ler a carta premendo en Carta a Pilar Farjas

O BNG insta á Xunta a construir urxentemente unha escola infantil en Seixo

Escrito o 27 Outubro 2011

O BNG insta á Xunta a construir urxentemente unha escola infantil en Seixo e denuncia a falla de vontade política do Goberno galego para desenvolvela.
O Grupo Parlamentar nacionalista propón, como xa o fixera o anterior goberno municipal de Marín, que se faga na Casa dos Mestres de Seixo.
Podes ollar as iniciativas premendo en: Galescola de Seixo e Galescola de Seixo 2

O BNG cualifica de miserabeis os orzamentos da Xunta para o 2012

Escrito o 23 Outubro 2011

Pilar Blanco anuncia que presentará unha moción alegando investimentos para Marín

Esta mañá o deputado do BNG no Parlamento Galego, Bieito Lobeira, acompañado da portavoz municipal, Pilar Blanco e o responsable local Celso Milleiro, compareceron en rolda de prensa para valorar os orzamentos que a Xunta de Galiza ven de presentar en forma de proxecto.
Bieito Lobeira cualificou os orzamentos de miserables con respecto á comarca do Morrazo, e especialmente a Marín. Esta localidade recibe un total de 91.196, 60 € en concepto de protección do patrimonio natural e de reparacións no Centro de Servizos Sociais.
Segundo Bieito Lobeira estes orzamentos condenan a Marín a seguir no ascenso das cifras de parados, xa que non hai política de emprego e a parálise total con respecto a áreas como sanidade, deporte, ensino ou infraestruturas.
Pola súa banda a portavoz municipal Pilar Blanco destacou que os orzamentos superan negativamente aos do ano anterior, xa que por riba de non contemplar novos investimentos, elimina os poucos que aparecían nos orzamentos para o ano 2011.
“A escasa partida de 600.000 €, non utilizada, que os orzamentos do 2011 recollían para a construción do Centro de Saúde, desaparece. Isto quere dicir que non haberá Centro de Saúde en Marín no ano 2012. Ademais a memoria dos orzamentos deixa patente que o financiamento de centros sanitarios farase mediante formulas de pago adiado (cofinanciamento público-privado), e entre os centros a construír non aparece ningún no Morrazo, e por suposto o de Marín tampouco”, afirma a portavoz do BNG.
Pilar Blanco tamén destacou que desaparece a partida para o soterramento da Avenida de Ourense, e amosouse especialmente preocupada pola ausencia dunha partida específica para o Convenio de Saneamento nas parroquias asinado polo anterior goberno municipal. “Moito nos tememos que se paralicen os proxectos non licitados ate o momento e non se faga o tanque de tormenta que aliviaría os problemas de desbordamentos no centro urbano”, asegura Pilar Blanco.
Pilar Blanco lembrou que os orzamento non contemplan ningún investimento nos centros de estudo marinenses. “Obras prometidas polo PP como a reparación do pavillón da Laxe, ou as melloras básicas do Colexio Carballal non se farán. Todo o anunciado en campaña electoral pola señora Ramallo queda agora en nada. Os únicos investimentos que haberá en Marín durante o 2012 son os conseguidos polo goberno anterior, que como se está a comprobar nin sequera saben xestionar (obras Arela mobilidade).
A portavoz municipal do BNG adiantou que presentará unha moción que recollerá os investimentos prioritarios en Marín non recollidos nos orzamentos da Xunta, e que espera que sexa aprobada en beneficio de tod@s os marinenses.

Marín, 21 de outubro de 2011

Procurar

Contacto

Podes contactar co BNG Marín a través do seguinte enderezo: marin -arroba- bng-galiza.org

En Facebook

Webs BNG (O Morrazo)

Aviso legal

O BNG de Marín non se fai responsábel dos comentarios verquidos por persoas alleas.