Festa da Mocidade do BNG
Venres 13 de Maio
22:00 horas no Parque Eguren
Escrito o 23 Setembro 2010
Galiza Nova organiza as xornadas de Verán do 2010 no Morrazo, chamámos ás mozas e mozos a participar delas, e que terán lugar na vindeira fin de semana na comarca do Morrazo.
As Xornadas de Verán é unha actividade que Galiza Nova ven desenvolvendo ininterrompidamente desde a súa fundación e coas que queremos, tal e como sinalou a nosa Secretaria Xeral , Iria Aboi,que “lle sirvan á mocidade para descubrir Galiza, contribuíndo a poñer en valor o territorio da nosa nación e tamén o traballo e as iniciativas impulsadas desde os Concellos gobernados polo BNG, onde hai unha clara aposta pola dinaminación cultural, pola xente moza, o respeto polo noso medio natural e os nosos sectores produtivos”.
Comezarán o vindeiro venres 24 e por só 22 € as e os participantes poderán desfrutar de tres días de convivio cun completo programa de actividades visitando concellos como os de Cangas, Bueu, Moaña e Marín. Aínda estás a tempo de anotarte! Faino antes do xoves 23 a través do nacional@galizanova.org
Cartaz das Xornadas: XXIIXVMorrazoPublis[1]
Programa das Xornadas: PROGRAMA XORNADAS VERAN 2010[1]
Escrito o 15 Setembro 2010
Santiago de Compostela, 14 de setembro 2010.- A Secretaria Xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, fixo hoxe un chamamento á mocidade galega a mobilizarse e a secundar a folga xeral do día 29 de setembro.
Iria Aboi lembrou esta mañá en rolda de prensa que “dende que comezou a crise as mozos e mozos somos somos dos sectores máis afectados”.
Neste sentido, denunciou que “a reforma laboral é unha reforma que vai en contra dos traballadores e traballadoras, pero especialmente da xente nova”.
En concreto, criticou que “a reforma do Goberno do PSOE aumenta os contratos de formación dos 21 aos 24 anos, con remuneracións moi baixas, o que nos condena a uns contratos cunha remuneracións moi baixa, camufla todo tipo de abusos laborais e onde se incumpre, case xeneralizadamente, a formación teórica”.
Ademais, rexeitou a reforma “porque potencia as ETT´s, co obxectivo privatizar a intermediación laboral o que afonda a precariedade da xente moza xa que nos contratos a través de ETT´S hai menos salarios, hai ausencia de formación e mesmo ameazas contra a sindicación”.
E en terceiro lugar, denunciou que “se lle regalen aínda máis cartos á patronal, xa que pretende seguir coa bonificación con cartos públicos ás empresas na contratación de xente moza, cando se levan tirado miles de millóns de cartos públicos ao lixo sen ter melloras substanciais nas condicións laborais da xuventude”.
“Unha reforma que trata á xente moza como cleanex laborais”
Por todo isto, a secretaria xeral de Galiza Nova asegurou que “esta contrareforma está destinada a que os empresarios dispoñan de man de obra barata, tratando á xente moza como cleanex laborais”. “O único que se vai conseguir -advertiu- vai ser precarizar aínda máis as nosas condicións de traballo”.
1 de cada 3 mozos galegos menores de 24 anos está desempregado
Porén, Iria Aboi advertiu de que “a grave situación laboral dos mozos e mozas galegas é responsabilidade do Goberno do PSOE pero tamén do Goberno de Feijóo”. Así,. Denunciou que hoxe en Galiza 1 de cada 3 mozos está en desemprego e máis do 30% da xente nova menor de 24 anos está no paro, “uns datos que poderían ser peores se temos en conta que moita xente moza amplía a súa formación pola falta de expectativas no mercado laboral galego”.
Ademais lembrou que o 63% dos menores de 24 anos teñen contratos temporais; o 43% entre 25 e 29 anos e cuns salarios que non chegan nin de cerca aos 1.000euros.
“O Goberno do PP non tomou ningunha medida para reducir o paro xuvenil en Galiza e combater a precariedade”
Neste sentido, a representante de Galiza Nova considerou “ indefendíbel que case dous anos despois de goberno do PP na Xunta non houbera ningunha medida para corrixir esta situación”. “O PP e o señor Feijóo dedicáronse a botar balóns fóra cando el o o seu goberno son os responsábeis de que teñamos en Galiza unhas cifras tan altas de desemprego xuvenil”, denunciou.
Mobilización da xente moza e folga no ensino o día 29
Ante esta situación, Iria Aboi anunciou unha ampaña de mobilización entre a xente nova baixo o lema “Mocidade con emprego, pobo con futuro. Galiza contra a reforma laboral”.
Deste xeito, Galiza Nova secundará as concentracións convocadas pola CIG-Mocidade para este venres, 17 de setembro nas cidades galegas para reclamar emprego digno para a mocidade. Ademais, está convocada unha folga estudantil para o 29 de setembro para apoiar a folga xeral “porque os estudantes de hoxe seremos os traballadores do futuro”, subliñou.
Ademais, Galiza Nova desenvolverá unha campaña informativa en todos os centros de ensino con charlas e repartos de información.
Escrito o 04 Xuño 2010
Como en anos anteriores Galiza Nova, acudirá cunha comitiva propia a “marcha contra celulosas” que convoca a Apdr ( Asociación pola defensa da ría) e que ten como obxecto esixir a retirada de ENCE-ELNOSA da ría de Pontevedra. Desta volta a mobilización enmarcase nun novo contexto político e económico. O goberno da Xunta, dirixido polo Partido Popular, ten manifestado xa que o mantemento do complexo en Lourizán é unha decisión que en última instancia está en mans da empresa o que vén a significar a consolidación da Celulosas na Ría. Dende Galiza Nova queremos facer un chamamento á mocidade para que o vindeiro sábado 13 de xuño asistan a esta mobilización con saída ás 19:30 das Alamedas de Marín e Pontevedra para defender que Ence-Elnosa se vaian fóra da Ría, por saúde, por economía e por ecoloxía.
Folleto Informativo GALIZA NOVA: Panfleto Marcha 05-06-2010[1]