Arquivo | Deputación

A Deputación trata aos veciños como cidadáns de terceira

Escrito o 07 Agosto 2009

Hoxe o BNG deu unha rolda de Imprensa ante varios medios de comunicación para explicar o noso posicionamento sobre o Plan de Investimento para apaliar a crise e o paro que realizou a Deputación de Pontevedra. A este acto asisteu o Deputado Provincial do BNG para O Morrazo Daniel Rodas Chapela.

Este Plan que consideramos indecente en xeral, é moi lesivo cos intereses de Marín en particular. Mentres no concello estanse pechando empresas, outras están presentando expedientes de regulación de emprego e moitos mariñeiros fican na casa longas tempadas sen poder ir ao mar, para o Partido Popular isto non son argumentos de peso que inciten á Deputación a invertir máis en Marín.

O silencio do PP de Marín ante a trama que a Deputación quere realizar no noso concello é clamoroso, fan mutis polo foro. O 24% da poboación da provincia vai recibir o 60% da inversión, é unha manipulación descarada dunha institución pública onde concellos pequenos (todos gobernados polo PP) controla a meirande parte das inversións. Así, concellos como Forcarei, Vila de Cruces, Covelo ou A Caniza recibirán máis cartos que Marín, onde como se vé os indices de poboamento ou de industrialización ou de parados é o que menos conta.

O Morrazo que conta cun 10% da poboación provincial adxudícanlle só o 5% dos investimentos. Dos 70 millóns de € que ten este Plan Provincial, o señor Louzán vai dispor de 14 millóns de € que os destribuirá ao libre albedrío (un xa se pode figurar como), se se pervirten as institucións estarán pervertindo tamén os creterios de xustiza e de igualdade.

Procurar

Contacto

Podes contactar co BNG Marín a través do seguinte enderezo: marin -arroba- bng-galiza.org

En Facebook

Webs BNG (O Morrazo)

Aviso legal

O BNG de Marín non se fai responsábel dos comentarios verquidos por persoas alleas.