Arquivo | Actividades

Os marinenses escoitaron a alternativa que lles defende

Escrito o 10 Novembro 2011

GRAZAS a tod@s os amig@s que nos acompañastes no mitin central de Marín. Creo que quedou claro que o día 20 só hai unha opción válida se queremos que Galiza estea representada no Congreso. Xavier Míguez, Iria Aboi e o mestre Paco Rodríguez deixáronos con gañas de máis. Co BNG a por todas!!!

Mitin en Marín, 9 de Novembro na Biblioteca Municipal

Escrito o 07 Novembro 2011

MÉRCORES DÍA 9 DE NOVEMBRO MITÍN DO BNG EN MARÍN ´
ÁS 20.30 H. NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
CON:
PILAR BLANCO
FRANCISCO RODRÍGUEZ
XAVIER MÍGUEZ
IRIA ABOI

unic

As candidatas do BNG por Pontevedra visitan Marín

Escrito o 03 Novembro 2011

VISITA DE OLAIA FERNÁNDEZ DAVILA E IRIA ABOI A MARÍN

Hoxe, xoves 3 de novembro, a candidata do BNG ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Olaia Fernández Davila, e a candidata ao Senado, Iria Aboi Ferradás, vistaron Marín.
As cabeza de lista ao Congreso e ao Senado, acompañadas doutros membros da candidatura e da portavoz municipal do BNG en Marín, Pilar Blanco, estiveron no entorno da Praza de Abastos informando sobre o noso programa electoral.

Rematou cunha visita aos estaleiro de NODOSA onde mativo unha reunión con directivos e os delegados sindicais.

BNG, a alternativa que te defende

Escrito o 03 Novembro 2011

Segue na web BNG, a alternativa que te defende:

O BNG é a garantía de que Galiza estea presente na política estatal. Se está o BNG, está Galiza. O BNG é garantía tamén doutras políticas frente á crise. A estas alturas xa ninguén pode cuestionar que as políticas de PP e PSOE fracasaron: trouxeron máis paro e paralizaron a actividade económica. É preciso apoiar unha alternativa galega e de esquerdas. É preciso darlle máis forza a Galiza en Madrid.
A Alternativa do BNG pasa por:

1.Atacar o problema do paro desde a raíz,promovendo o desenvolvimento dos sectores produtivos de Galiza (lácteo, naval, pesqueiro, eólico, a conserva…) desde a convicción de que só desde o apoio á economía produtiva se poderá voltar a criar emprego de calidade.
2.Unha reforma fiscal xustaque parta do principio de que pague máis quen máis ten e que combata sen cuartel a fraude fiscal.
3.A criación dunha banca públicaque permita que o crédito chegue aos particulares e ás empresas. Neste sentido, propomos a modificación dos decretos que permitiron a privatización de Novacaixagalicia, isto é, o espolio do aforro galego. Defendemos que a Xunta teña dereito a mercar o 51 por cento das accións do FROB para se converter no principal accionista de NCG Banco.
4.Asegurar a devolución das axudas concedidas á banca privada, para que ditos fondos se destinen ao financiamento de pequenas e medianas empresas e de autónomos.
5.Eliminar o gasto burocrático innecesario, suprimindo as Deputacións e recortando o gasto militar.
6.Avanzar no autogoberno de Galiza,impulsando unha reforma constitucional que recoñeza o dereito das galegas e dos galegos a decidir sobre o seu futuro.
7.Defender os dereitos das traballadoras e dos traballadores, pondo o acento na defensa da estabilidade no emprego e prohibindo os expedientes de regulación de emprego en empresas con beneficios.
8.Rexeitar calquera conxelación das pensiónse calquera extensión na idade de xubilación.
9.Alentar unha democracia participativa de máis calidade, cun sistema eleitoral verdadeiramente proporcional e unha lei sobre consultas públicas para a convocatoria de referendos vinculantes.

Carta do deputado Bieito Lobeira á Conselleira Pilar Farjas

Escrito o 27 Outubro 2011

Foto tirada da Voz de Galicia

O Deputado do BNG enviou unha carta á Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, sobre a problemática da ambulancia de Marín e a política obstrucionista da Xunta de Galiza e do Partido Popular coa clara intención de devaluar e anular a lexítima capacidade de control e fiscalización sobre a acción gubernamental.

Podes ler a carta premendo en Carta a Pilar Farjas

Acto Público do BNG este luns na Biblioteca Municipal

Escrito o 15 Outubro 2011

DÍA: Luns 17 de Outubro
HORA: 20:30
LUGAR: Biblioteca Municipal de Marín

PARTICIPARAN:
*Iria Aboi, Candidata ao Senado
*Olaia Fdez. Davila, Candidata ao Congreso
* Guillerme Vázquez, Portavoz Nacional do BNG

Convención Nacional do BNG

Escrito o 11 Outubro 2011

Día: Sábado, 15 de Outubro
Hora: 18:00
Lugar: Auditorio de Galiza (Compostela)

Apoio do BNG á reinvindicación da cidadanía de Marín por unha sanidade pública

Escrito o 09 Outubro 2011

Os portavoces da oposición reclaman do presidente da Xunta a reposición da ambulancia 24 horas en Marín

Escrito o 27 Setembro 2011

A maña do domingo entregáronlle a Alfonso Rueda unha carta solicitando unha entrevista con Feijoó

Tal e como se anunciara o venres en rolda de prensa os portavoces do BNG, PSOE e MAR-IN, fixeron entrega esta mañá ao Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, dunha carta dirixida ao presidente da Xunta, onde se lle solicita unha reunión para expoñerlle en primeira persoa, os problemas xerados polo recorte do servizo de ambulancia e para transmitirlle o rexeitamento da cidadanía de Marín a estas medidas da Consellería de Sanidade.
A portavoz do BNG, Pilar Blanco, e os portavoces do PSOE e MAR-IN, aproveitaron o momento da chegada de Alfonso Rueda, para entregarlle a carta, así como os certificados das mocións aprobadas en Pleno con respecto a este tema, e copia do manifesto lido o pasado venres 16 na Alameda diante de centos de persoas.

CARTA

Alberto Núñez Feijóo

Presidente da Xunta de Galicia

Estimado señor,
Ate o día 10 de setembro, Marín contaba cun servizo de ambulancia de soporte vital básico durante as 24 horas do día. Dende esa data este servizo foi reducido a 12 horas. En concreto en Marín só temos ambulancia dende as 10 da mañá ate as 10 da noite. Durante o resto do día dependemos das ambulancias de Bueu e Pontevedra.
Este recorte está englobado dentro do chamado Plan de Mellora posto en marcha pola Consellería de Sanidade.
Dende que se tivo noticia desta medida e ate o día de hoxe, a cidadanía de Marín ven dando mostras rotundas de estar totalmente en desacordo coa decisión tomada pola conselleira Pilar Farjas. Así se puxo de manifesto nas dúas concentracións de protesta por estas medidas que tiveron lugar en Marín os días 26 de agosto e 16 de setembro. Centos de persoas a título individual e numerosas asociacións veciñais e de todo tipo, expresaron abertamente o seu rexeitamento a que o noso municipio quede desatendido polo servizo de urxencias sanitarias 061 durante 12 horas ao día. Nestes momentos hai máis de 14.000 sinaturas recollidas.
Dende o día 10 de setembro ate hoxe, púxose en evidencia que os tempos de resposta das ambulancias están a superar o que recomendan os expertos.
Paralelamente a estas manifestacións populares, o Pleno da Corporación Municipal leva aprobadas dúas mocións rexeitando esta medida e reclamando que se repoña o servizo durante 24 horas.
A única resposta que obtivemos da Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, foi a través dunha reunión mantida coa Alcaldesa de Marín, a instancias do Pleno, tras a cal deixou claro que non ten intención de dar marcha atrás na súa decisión de reducir o servizo de ambulancia en Marín. Tampouco houbo, que nos saibamos, ningunha reacción aos acordos plenarios que lle foron remitidos nin as manifestacións populares de rexeitamento.
Os portavoces dos grupos políticos na oposición, solicitamos unha reunión con vostede
a fin de expoñerlle este problema en primeira persoa e de que a súa conselleira reconsidere a decisión de reducir o servizo de ambulancia en Marín.

Atentamente,
Os/as portavoces dos grupos municipais do PSOE, BNG e MAR-IN,

Francisco A. Veiga Soto Pilar Blanco López Isabel Martínez Epifanio

Marín, 25 de setembro de 2011

Nota: axuntamos os certificados das mocións aprobadas en Pleno e o texto do manifesto lido durante a concentración do día 16 de setembro na Alameda de Marín.

A Flotilla de Liberdade de Galiza a Gaza

Escrito o 27 Setembro 2011

Organiza: Queremos Galego Marín
Día: Venres, 30 de Setembro
Lugar: Museu Manuel Torres
CONFERENCIANTE: Moncho G. Boán

Procurar

Contacto

Podes contactar co BNG Marín a través do seguinte enderezo: marin -arroba- bng-galiza.org

En Facebook

Webs BNG (O Morrazo)

Aviso legal

O BNG de Marín non se fai responsábel dos comentarios verquidos por persoas alleas.