Arquivo | Actividades

O BNG pide ao povo de Marín que acuda á homenaxe do 75 cabodano dos fusilamentos do Alcalde e veciños de Marín por defender a lexitimidade democrática

Escrito o 27 Decembro 2011

O BNG invita ao povo de Marín á homenaxe do 75 cabodano dos fusilamentos do Alcalde e veciños de Marín por defender a lexitimidade democrática

Francisco Carballo recibe o «Facho de Ouro» 2012

Escrito o 27 Decembro 2011

** F A C H O D E O U RO **

A Directiva da Agrupaçom Cultural O Facho decidiu entregar o Facho de Ouro do 2012 ao homem de bem, teólogo e historiador, Francisco Carballo Carballo, como mostra de reconhecimento a toda umha vida dedicada à cultura do País e ao povo galego.

Francisco Carballo é hoje um facho referente, tanto no eido da investigaçom histórica como pola sua entrega à dinamizaçom cultural da Galiza. No ano 1973 assenta-se em Vigo exercendo de professor na Escola Universitária de Magistério. Foi assim mesmo um dos fundadores do semanário A Nosa Terra em 1977 e um colaborador constante na mesma. Actualmente os seus trabalhos podem-se ler n’A Trabe de Ouro e em Encrucillada.

A sua vez, participou na dinamizaçom cultural levada a cabo pola desaparecida “Associaçom Cultural de Vigo” da qual foi o seu presidente. Igualmente tomou parte mui activa do movimento vicinal dessa cidade.

Como já é tradicional na entrega dos Fachos de Ouro terá lugar o derradeiro sábado do mês de Janeiro na Corunha, na seqüência de umha ceia-homenagem ao galardoado.

Para que conste.

Na cidade d’A Corunha, a 15 de Novembro do 2011

A Junta Directiva da A.C. O Facho

Estrela na alba, o pensamento político de Castelao

Escrito o 07 Decembro 2011

125 aniversario do nacimento de Daniel Castelao

Estrela na alba, o pensamento político de Castelao, é un vídeo editado polo BNG para conmemorar o 125 aniversario do nacemento do pai do nacionalismo galego.

Presentación de «Sermos Galiza» o vindeiro 1 de Decembro na Biblioteca Municipal

Escrito o 29 Novembro 2011

Queremos Galego Marín presenta «Sermos Galiza» o vindeiro 1 de Decembro na Biblioteca Municipal ás 20:30 horas coa presenza do Carrabouxo, Francisco Carballo e Marga Romero.

Grazas ao BNG Marín tamén terá voz no Congreso

Escrito o 21 Novembro 2011

Os votos do BNG contiveron a avalancha da dereita en Marín

A portavoz do BNG, Pilar Blanco, amosa o seu agradecemento a todas aquelas persoas que en Marín tamén optaron por votar BNG nas eleccións xerais ao Congreso.
“O BNG en Marín foi quen de conter a avalancha da dereita e incluso de subir a porcentaxe de voto con respecto ás anteriores eleccións xerais do 2008”. “Isto foi posible grazas á entrega da militancia do BNG, pero tamén de moitos e moitas simpatizantes que nós deron o seu apoio e traballaron durante a campaña para que o BNG se afianzara como a forza de esquerdas disposta a combater a política de dereitas do PP”, afirma a portavoz nacionalista.
“A cidadanía percibiu que o BNG non se rende e está disposto a combater as políticas de dereitas e a traballar por Galiza e polos dereitos conseguidos co esforzo de todos como a educación e a sanidade”. “A xente sabe que o BNG traballará ao lado dos que padecen a crise e non dos que a provocan”, asegura Pilar Blanco.
“Respectamos os resultados electorais pero sabemos cal é o noso papel e o que a xente espera de nós, a defensa de Galiza e dos intereses e dos dereitos dos galegos e galegas”. “Marín, como ate agora, tamén terá voz no Congreso porque dende o BNG traballaremos conxuntamente con Olaia Fdz Davila, a nosa deputada, para defender os intereses do noso municipio”, finaliza Pilar Blanco.
Marín, 21 de novembro de 2011

Festa Magosto do BNG no Multiusos do Mercado, Venres 18 de Novembro

Escrito o 14 Novembro 2011

FESTA-MAGOSTO DO BNG-Marín

VENRES, 18 DE NOVEMBRO ÁS 20:00 HORAS NO MULTIUSOS DO MERCADO. CASTAÑAS E VIÑO DE BALDE. COAS ACTUACIÓNS DE TREBELLOS DO MORRAZO E MARAVALLADA.

O BNG edita un boletin informativo para explicar aos marinenses que somos a ALTERNATIVA ás políticas do PP e do PSOE

Escrito o 12 Novembro 2011

O BNG editou un novo boletín informativo coincidindo coas eleccións xerais. Na capa do mesmo, explicamos porque é o BNG a ALTERNATIVA útil para Galiza e na contracapa unha entrevista coa candidata número 1 ao senado, á marinense Iria Aboi.

Como contrapeso ás políticas de recortes que fai o PP na Xunta e o PSOE no Estado temos a ALTERNATIVA do BNG.

Podes ollalo premendo: Boletin Novembro 2012

Os marinenses escoitaron a alternativa que lles defende

Escrito o 10 Novembro 2011

GRAZAS a tod@s os amig@s que nos acompañastes no mitin central de Marín. Creo que quedou claro que o día 20 só hai unha opción válida se queremos que Galiza estea representada no Congreso. Xavier Míguez, Iria Aboi e o mestre Paco Rodríguez deixáronos con gañas de máis. Co BNG a por todas!!!

Mitin en Marín, 9 de Novembro na Biblioteca Municipal

Escrito o 07 Novembro 2011

MÉRCORES DÍA 9 DE NOVEMBRO MITÍN DO BNG EN MARÍN ´
ÁS 20.30 H. NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
CON:
PILAR BLANCO
FRANCISCO RODRÍGUEZ
XAVIER MÍGUEZ
IRIA ABOI

unic

As candidatas do BNG por Pontevedra visitan Marín

Escrito o 03 Novembro 2011

VISITA DE OLAIA FERNÁNDEZ DAVILA E IRIA ABOI A MARÍN

Hoxe, xoves 3 de novembro, a candidata do BNG ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Olaia Fernández Davila, e a candidata ao Senado, Iria Aboi Ferradás, vistaron Marín.
As cabeza de lista ao Congreso e ao Senado, acompañadas doutros membros da candidatura e da portavoz municipal do BNG en Marín, Pilar Blanco, estiveron no entorno da Praza de Abastos informando sobre o noso programa electoral.

Rematou cunha visita aos estaleiro de NODOSA onde mativo unha reunión con directivos e os delegados sindicais.

Procurar

Contacto

Podes contactar co BNG Marín a través do seguinte enderezo: marin -arroba- bng-galiza.org

En Facebook

Webs BNG (O Morrazo)

Aviso legal

O BNG de Marín non se fai responsábel dos comentarios verquidos por persoas alleas.