QUEREMOS GALEGO MARIN organiza un obradoiro urbán de astronomía
Será o venres 20 de agosto de 21h30 a 01h00 no Parque Eguren
A plataforma cidadá Queremos Galego Marín celebra un obradoiro sobre astronomía o vindeiro venres, 20 de agosto, no Parque Eguren de 21h30 a 01h00. Da man de QGM, Astrogalicia –asociación de astrónomos galegos– amosaralle á cidadanía que se queira achegar o seu obradoiro urbano. Iniciación á astronomía, manexo básico de telescopios, será o programa co que Astrogalicia lles descubrirá o universo aos marinenses.
Con esta actividade, Queremos Galego Marín continúa o seu labor de difusión e promoción da lingua. A finalidade do obradoiro con Astrogalicia consiste en facerlle ver á sociedade que o noso idioma tamén serve para a ciencia. É importante que a veciñanza o perciba, e máis tendo en conta que, co decreto que implantou a Xunta para reducir o galego no ensino, a nosa lingua desaparece de todas as aulas que teñan a ver coas ciencias e só se adscribe ás aulas tradicionalmente relacionadas coas letras. E o galego tamén serve para a modernización, o avance, a tecnoloxía, a astronomía… e o venres imos demostralo.
Ademais os que dispoñades de telescopio podedes achegalo, os astrómomos de Astrogalicia estarán dispostos a ensinarvos o seu manexo.
PORQUÉ NA NOSA LINGUA TAMÉN SE FAI CIENCIA, VINDE!!!!


